Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións frigoríficas, de climatización e de ventilación aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais establecidos, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
Este profesional exerce a súa actividade nas empresas de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores do frío comercial, do frío industrial e da climatización, tanto no sector de edificación e obra civil como no industrial.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0039 | Configuración de instalacións de frío e climatización | LOOIFP |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP0038 | Instalacións eléctricas e automatismos | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0036 | Máquinas e equipamentos térmicos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0037 | Técnicas de montaxe de instalacións | |
2º | MP0044 | Empresa e iniciativa emprendedora | LOE |
2º | MP0244 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0040 | Montaxe e mantemento de equipamentos de refrixeración comercial | |
2º | MP0042 | Montaxe e mantemento de instalacións de climatización, ventilación e extracción | |
2º | MP0041 | Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas industriais |
Título de Técnico en Instalacións frigoríficas e de climatización
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.