Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en extraer e elaborar pedra natural segundo as técnicas e os procesos establecidos, así como en colocala e restaurala, manexando e mantendo ferramentas e maquinaria, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade laboral e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade profesional como autónomas ou por conta allea en empresas xeralmente privadas, de tamaño pequeno, mediano ou grande, de pedra natural ou de construción. Así mesmo, poden exercer a súa actividade en talleres de carácter artesanal e artístico, e desenvolven funcións de carácter técnico, cumprindo ordes e logrando obxectivos marcados por persoal técnico dun nivel superior, de quen reciben instrucións e a quen informan.

Que ocupacións se desempeñan?
Canteiro
Operador de maquinaria de arranque e conformación de bloques
Elaborador de cantaría
Operador de maquinaria de control numérico de pedra natural
Operador torneiro-fresador de pedra
Operador de máquina cortadora de pedra natural
Operador de máquinas para elaborar pezas
Operador de máquina para labrar pedra
Operador de máquina puidora de rochas
Operador de máquina para tratamento superficial físico de pedra
Tallista, labrador e fendedor de pedra natural
Operador de tratamentos químicos para pedra
Embalador, empaquetador e etiquetador
Colocador de conxuntos artesanais de pedra natural
Colocador de placas
Colocador de fachadas ventiladas
Puidor e abrilantador de chans
Marmorista da construción
Traballador cualificado en mantemento e restauración de pedra natural
Traballador especialista na realización de patróns, moldes, modelos e maquetas para traballos de pedra natural
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0887 Corte de bloques LOOIFP
MP0892 Coñecemento e extracción de pedra
MP0889 Elaboración de pezas
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0890 Modelos en obras de pedra
MP0896 Montaxe de pedra natural
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0891 Comercialización de obras de pedra LOE
MP0898 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0899 Formación en centros de traballo
MPI018 Lingua estranxeira profesional II
MP0894 Restauración de pedra natural
MP0893 Talla e montaxe de pedra natural
MP0895 Tecnoloxías de mecanizado en piedra natural
MP0888 Tratamentos superficiais
Que título se obtén?

Título de Técnico en Pedra natural

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial