Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Executar as actividades de preelaboración, preparación, conservación, terminación e presentación, e servizo de todo tipo de elaboracións culinarias no ámbito da produción en cociña, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector de hostalaría, aínda que tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos do subsector de restauración. En sectores e subsectores produtivos e de prestación de servizo onde se desenvolvan procesos de preelaboración, elaboración e, de ser o caso, servizo de alimentos e bebidas, como é o sector de hostalaría e, no seu seo, as subáreas de hotelaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva). Tamén en establecementos dedicados á preelaboración e á comercialización de alimentos crus, tendas especializadas en comidas preparadas, empresas dedicadas á almacenaxe, ao envasado e á distribución de produtos alimentarios e outros.

Que ocupacións se desempeñan?
Cociñeiro/a
Xefe/a de partida
Empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0156 Inglés profesional LOOIFP
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0046 Preelaboración e conservación de alimentos
MP0026 Procesos básicos de pastelaría e repostaría
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0047 Técnicas culinarias
MP0050 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP0051 Formación en centros de traballo
MP0045 Ofertas gastronómicas
MP0048 Produtos culinarios
MP0028 Sobremesas en restauración
Que título se obtén?

Título de Técnico en Cociña e gastronomía

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Santiago de Compostela
Ourense
Vilamarín