Folletos Web Ciclo
Organizar e executar os acabamentos de construción en obra nova, reforma e rehabilitación, realizando chans, particións e teitos, mediante a instalación de paneis ou pezas prefabricadas, a colocación de placas ou láminas, a aplicación de revestimentos continuos e a pintura de superficies, cumprindo as condicións e os prazos establecidos,así como as prescricións de calidade, de seguridade e ambientais.
Sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, e en Administracións públicas, por conta allea ou propia, desenvolvendo traballos de obras de interior e decoración para a construción, a rehabilitación, o mantemento e a reforma en edificación e obra civil.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1196 | Anteparos e chans técnicos | LOOIFP |
1º | MP0995 | Construción | |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP0996 | Interpretación de planos de construción | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1195 | Particións prefabricadas | |
1º | MP1194 | Revestimentos continuos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP1197 | Teitos suspendidos | |
2º | MP1202 | Empresa e iniciativa emprendedora | LOE |
2º | MP1203 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1200 | Organización de traballos de interior, decoración e rehabilitación | |
2º | MP1199 | Pintura decorativa en construción | |
2º | MP1198 | Revestimentos lixeiros | |
2º | MP1003 | Solados, azulexados e chapados |
Título de Técnico en Obras de interior, decoración e rehabilitación
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.