Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar actividades domésticas de limpeza, cociña, coidado de roupa e apoio a persoas no ámbito doméstico, así como realizar operacións básicas de limpeza en edificios,oficinas e locais comerciais, seguindo instrucións e respectando as normas de calidade e a normativa ambiental e de seguridade e hixiene no traballo vixente, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividades por conta allea en domicilios particulares e en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño, no sector da limpeza e hixienización de calquera clase de edificios,locais, centros ou institucións sanitarias e de saúde, públicos ou privados, industrias,elementos de transporte (terrestre, aéreo ou marítimo), máquinas, espazos e instalacións, soportes publicitarios e moblaxe urbana. Desempeñará as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa de persoal responsable, e poderá traballar de xeito autónomo ou integrarse nun equipo de traballo.

Que ocupacións se desempeñan?
Limpador/ora doméstico/a
Cociñeiro/a doméstico/a
Pasador/ora do ferro doméstico/a empregado/a de fogar
Limpador/ora
Peón especialista de limpeza
Especialista de limpeza
Limpador/ora de cristais
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP3145 Actividades de apoio a persoas non dependentes na unidade convivencial LOOIFP
AM3009 Ciencias aplicadas I
MP3102 Cociña doméstica
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3098 Mantemento de pezas de vestir e roupa de fogar
AM3010 Ciencias aplicadas II LOE
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3147 Formación en centros de traballo
MP3116 Limpeza con máquinas
MP3104 Limpeza de domicilios particulares, edificios, oficinas e locais
MP3146 Seguridade no ámbito doméstico
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Actividades domésticas e limpeza de edificios

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial