Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral.

Que ocupacións se desempeñan?
Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral
Montador/ora de mobles de madeira ou similares
Montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría
Montador/ora de envases e embalaxes de madeira e similares
Acabador/ora de mobles de madeira
Acoitelador/ora e vernizador/ora de parqué
Vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira
Vernizador/ora e lacador/ora de mobles de madeira
Operador/ora de tren de acabamento de mobles
Embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man
Peón da industria da madeira e da cortiza
Tapiceiro/a de mobles
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3075 Instalación de elementos de carpintaría e moble
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3077 Materiais e produtos téxtiles
MP3074 Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados
MP3076 Acabamentos básicos da madeira LOE
MP3005 Atención á clientela
AM3010 Ciencias aplicadas II
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3080 Formación en centros de traballo
MP3078 Tapizado de mobles
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Carpintaría e moble

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial