Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar con autonomía a limpeza e posta a punto das habitacións en aloxamentos turísticos ou doutra índole, e das súas áreas comúns, coidando o bo estado das instalacións e da moblaxe, así como realizar as operacións de clasificación, lavado e limpeza de artigos téxtiles en instalacións industriais, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividade habitualmente por conta allea en hoteis ou outro tipo de aloxamentos turísticos, e en residencias escolares, de maiores, sanitarias, etc., así como en empresas de servizos de atención a colectividades, e en lavandarías industriais e de proximidade.

Que ocupacións se desempeñan?
Camareiro/a de pisos
Valet ou mozo/a de habitacións
Auxiliar de pisos e limpeza
Auxiliar de lavandaría e lenzaría en establecementos de aloxamento
Operador/ora de máquinas lavadoras e secadoras de pezas
Operador/ora de máquinas e equipamentos de pasada do ferro a pezas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3093 Lavado e secado de roupa
MP3077 Materiais e produtos téxtiles
MP3094 Pasada do ferro e embolsamento de roupa
MP3130 Posta a punto de habitacións e zonas comúns en aloxamento
MP3005 Atención á clientela LOE
AM3010 Ciencias aplicadas II
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3132 Formación en centros de traballo
MP3131 Lavandaría e mantemento de lenzaría no aloxamento
MP3039 Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Aloxamento e lavandaría

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Santiago de Compostela