Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar con autonomía as operacións básicas de preparación e conservación de elaboracións culinarias sinxelas no ámbito da produción en cociña, así como as operacións de preparación e presentación de alimentos e bebidas en establecementos de restauración e catering, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividades por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas do sector da hostalaría, en establecementos de restauración, bares e cafetarías, en tendas especializadas en comidas preparadas e en empresas dedicadas ao almacenamento, o envasamento e a distribución de produtos alimenticios. Tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos dos subsectores de hotelaría e restauración tradicional, moderna ou colectiva.

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de cociña
Axudante de economato
Axudante de camareiro/a
Axudante de barman
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP3036 Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación LOOIFP
MP3005 Atención á clientela
AM3009 Ciencias aplicadas I
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3035 Procesos básicos de produción culinaria
MP3034 Técnicas elementais de preelaboración
AM3010 Ciencias aplicadas II LOE
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3041 Formación en centros de traballo
MP3039 Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering
MP3038 Procesos básicos de preparación de alimentos e bebidas
MP3037 Técnicas elementais de servizo
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Cociña e restauración

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Santiago de Compostela
Lugo
Foz
Ourense
Vilamarín
Xinzo de Limia