Folletos Web Ciclo
Realizar con autonomía as operacións básicas de preparación e conservación de elaboracións culinarias sinxelas no ámbito da produción en cociña, así como as operacións de preparación e presentación de alimentos e bebidas en establecementos de restauración e catering, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Actividades por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas do sector da hostalaría, en establecementos de restauración, bares e cafetarías, en tendas especializadas en comidas preparadas e en empresas dedicadas ao almacenamento, o envasamento e a distribución de produtos alimenticios. Tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos dos subsectores de hotelaría e restauración tradicional, moderna ou colectiva.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP3036 | Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación | 117 |
1º | MP3005 | Atención á clientela | 58 |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 |
1º | MP3035 | Procesos básicos de produción culinaria | 179 |
1º | MP3034 | Técnicas elementais de preelaboración | 175 |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | 162 |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | 135 |
2º | MP3041 | Formación en centros de traballo | 320 |
2º | MP3039 | Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering | 90 |
2º | MP3038 | Procesos básicos de preparación de alimentos e bebidas | 164 |
2º | MP3037 | Técnicas elementais de servizo | 157 |
Título de Técnico básico en Cociña e restauración
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.