Estadías formativas en empresas ou orgranismos equiparados 2025.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2025 estadías formativas en empresas ou organismos equiparados destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e ás ensinanzas de réxime especial deportivas, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración de bens culturais e de música e artes escénicas

Que son?

Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas ou organismos equiparados para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.

Convocatoria

Para o ano 2025 convócanse 180 prazas de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados situadas tanto na comunidade autónoma de Galicia, como no resto do territorio do Estado.

Destinatarios

O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:

  • Ser funcionario/a nalgún dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e ás ensinanzas de réxime especial deportivas, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración de bens culturais e de música e artes escénicas.
  • Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Obxectivos

  • Coñecer directamente os procesos produtivos que se desenvolven nas empresas.
  • Formar o profesorado mediante o seu achegamento ao mundo produtivo e aos seus avances tecnolóxicos.

Modalidades

  • Modalidade A: estadías formativas en empresas ou organismos equiparados acollidos a este programa referidas no anexo I da convocatoria.
  • Modalidade B: estadías formativas noutras empresas.

Inscrición
O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:

  • 1ª fase: ata o 10 de marzo de 2025
  • 2ª fase: ata o 19 de marzo de 2025

Período de realización e duración
Desde o día seguinte ao da data da publicación da Resolución definitiva desta convocatoria ata o 5 de setembro de 2025, cunha duración máxima de 160 horas.

  • Modalidade A: A duración e o período de realización será o acordado para cada caso entre a empresa ou organismo equiparado e o asesor ou asesora de formación en base ás preferencias dos/as solicitantes.
  • Modalidade B: A duración e o período de realización será acordado para cada caso entre o/a solicitante e a empresa.


Modelos de documentación relacionada coas estadías formativas en empresas.