Idea


Que é Eduemprende Idea? 

É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Quen pode presentarse ao concurso?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ter estado matriculado no curso actual nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
  • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro.

Premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

  • Modalidade A: ciclos de grao superior e cursos de especialización.
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
    • Asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao em­prego.
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros
  • Modalidade B: ciclos de grao básico e grao medio
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
    • Asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao em­prego.
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros

Como participar

A presentación das solicitudes deberá realizarse empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 16 de maio de 2025.


Información e contacto

Para calquera dúbida referente ao concurso dirixirse a:

Asesoría de emprendemento:

Convocatoria 2025

Nas seguintes ligazóns poderá consultar a orde da convocatoria de Eduemprende Idea para o ano 2025 e toda a información relacionada.

Etiquetas: