Convocatoria do programa eduemprende Finanzas para mortais 2022-2023
Programa enmarcado dentro do Convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o Banco Santander e UCEIF (Fundación de la Universidad de Cantabria para el estudio y la investigación del sector financeiro) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.
Ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía.
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional dos centros educativos con ensinanzas sostidas con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é dicir, desde o 22 de decembro de 2022 ata o 2 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.