Convocatoria do programa EduTecEmprende 2021-2022

Este programa desenvólvese no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo e dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade con diferentes empresas e centros tecnolóxicos.

Esta convocatoria vai dirixida a motivar e sensibilizar o alumnado de diferentes niveis educativos no espírito emprendedor a través do coñecemento da realidade empresarial e tecnolóxica da súa contorna, así como a promover a súa achega ás áreas STEM.

Dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO, de bacharelato e de formación profesional dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: