Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2019-2020
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia de:
- Segundo curso de ciclos formativos de grado medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
- Bacharelato que estean a cursar "Economía".
Cando se vai desenvolver a actividade?
As actividades que requiran a participación de persoal técnico do IGAPE e da/s persoa/s emprendedora/s realizaranse os martes e os xoves desde o 6 de novembro de 2019 ata o 30 de abril de 2020.
O horario desenvolverase en dúas quendas:
- De 9:00 a 11:00 horas
- De 12:00 a 14:00 horas
Adxudicarase unha actividade por centro, na que poderán participar varios grupos de alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño, e de bacharelato.
A data de inicio do programa será o 6 de novembro de 2019.
- Listaxe de centros educativos participantes por provincias.
- A Coruña
-
Centro educativo Data Hora CPR Nebrija Torre de Hércules (A Coruña) 13/11/2019 12:00 - 13:30 CFEA de Guísamo (Bergondo) 14/11/2019 09:00 - 10:30 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña) 14/11/2019 12:00 - 13:30 IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela) 19/11/2019 09:00 - 10:30 CPR Afundación A Coruña (A Coruña) 21/11/2019 09:00 - 10:30 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) 21/11/2019 12:00 - 13:30 IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña) 10/12/2019 12:00 - 13:30 IES Ordes (Ordes) 14/01/2020 12:00 - 13:30 IES San Clemente (Santiago de Compostela) 15/01/2020 09:00 - 10:30 CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) 15/01/2020 12:00 - 13:30 IES de Fene (Fene) 17/01/2020 12:00 - 13:30 IES Leixa (Ferrol) 28/01/2020 12:00 - 13:30 CIFP Ferrolterra (Ferrol) 28/01/2020 12:00 - 13:30 IES de Ortigueira (Ortigueira) 13/02/2020 12:00 - 13:30 IES Plurilingüe Elviña (A Coruña) 18/02/2020 12:00 - 13:30 CIFP Compostela (Santiago de Compostela) 05/03/2020 12:00 - 13:30 IES Agra de Raíces (Cee) 31/03/2020 12:00 - 13:30 - Lugo
-
Centro educativo Data Hora IES Val do Asma (Chantada) 20/11/2019 12:00 - 13:30 IES A Pinguela (Monforte de Lemos) 17/12/2019 09:00 - 10:30 IES Gregorio Fernández (Sarria) 17/12/2019 12:00 - 13:30 CIFP As Mercedes (Lugo) 16/01/2020 09:00 - 10:30 IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo) 16/01/2020 12:00 - 13:30 IES Sanxillao (Lugo) 06/02/2020 09:00 - 10:30 IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos) 06/02/2020 12:30 - 14:00 - Ourense
-
Centro educativo Data Hora CIFP Portovello (Ourense) 26/11/2019 09:00 - 10:30 CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) 26/11/2019 12:00 - 13:30 IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives) 03/12/2019 12:00 - 13:30 CPR Santo Cristo (Ourense) 21/01/2020 12:00 - 13:30 - Pontevedra
-
Centro educativo Data Hora IES Luís Seoane (Pontevedra) 07/11/2019 09:00 - 10:30 IES Montecelo (Pontevedra) 07/11/2019 12:00 - 13:30 CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) 12/11/2019 09:00 - 10:30 IES A Guía (Vigo) 12/11/2019 12:00 - 13:30 IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda) 28/11/2019 09:00 - 10:30 IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada) 28/11/2019 12:00 - 13:30 IES Pedra da Auga (Ponteareas) 16/01/2020 12:00 - 13:30 IES Ribeira do Louro (O Porriño) 23/01/2020 09:00 - 10:30 IES Ricardo Mella (Vigo) 23/01/2020 12:00 - 13:30 IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) 30/01/2020 09:00 - 10:30 CIFP A Xunqueira (Pontevedra) 04/02/2020 16:30 - 18:00 CPR Colegio Hogar Afundación (Vigo) 11/02/2020 09:00 - 10:30 IES Escolas Proval (Nigrán) 11/02/2020 12:00 - 13:30 IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) 03/03/2020 12:00 - 13:30
Como se vai desenvolver?
- Fase 1: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s.
O profesorado programará unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai realizar na fase 1.
O profesorado debe enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es o Anexo II coa información relativa a esta actividade desenvolvida na aula. - Fase 2: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.
O profesorado participante enviará ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es a ficha de recollida de datos que figura como Anexo III.
A actividade na Fase 1 ten unha duración aproximada de 90 minutos e desenvolverase no salón de actos do centro:
- Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.
- Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...).
- Mesa redonda. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.
Solicitude
As solicitudes enviaranse segundo o modelo do Anexo I ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, co seguinte asunto: PROGRAMA ACTÚA 2019-2020
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2019.
Na ficha de solicitude (Anexo I) deben figurar os seguintes datos.
- Denominación do centro
- Persoa de contacto
- Teléfono de contacto
- Data de preferencia
- Enderezo electrónico de contacto
- Grupos de alumnado participante
Selección dos centros
Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado e a adecuación das preferencias á dispoñibilidade do persoal técnico do IGAPE.
Unha vez sinalada a data de desenvolvemento da actividade no centro, este deberá enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, os datos da/s persoa/s emprendedoras propostas polo centro para a súa participación, co seguinte asunto: PROGRAMA ACTÚA.