STMV52
STMV52 - Aeronaves pilotadas de forma remota-Drons
Que se aprende a facer?
Construír e manter aeronaves pilotadas de xeito remoto-drons ou RPAS (Remotely Piloted Aircraft System) configurados de acordo coas características de deseño e adaptados aos sectores en que vaian prestar servizos, en condicións de calidade, seguridade e respecto ambiental, conforme a documentación técnica do proxecto e aplicando a normativa.
En que ámbitos se traballa?
En empresas privadas dedicadas á construción e ao mantemento de drons ou empresas públicas e privadas de calquera sector que utilicen drons para a prestación dos seus servizos e dispoñan de persoal de mantemento, sen prexuízo da obriga de cumprir os requisitos establecidos pola normativa comunitaria e nacional, para exercer as actividades de mantedor/a e piloto de drons.
Que ocupacións se desempeñan?
Comercial de venda e asesoramento sobre drons. Construtor/a de drons. Mantedor/a reparador/a de drons. Integrador/a de sistemas en drons. Fabricante de accesorios para drons. Piloto de drons.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5096 | Aplicacións profesionais | 30 | 2 | |
1º | MP5094 | Configuración e control | 90 | 5 | |
1º | MP5093 | Electrónica e sistemas | 90 | 5 | |
1º | MP5097 | Lexislación e procedementos de aplicación | 40 | 3 | |
1º | MP5095 | Mantemento e probas | 120 | 7 | |
1º | MP5092 | Partes e compoñentes | 50 | 3 | |
1º | MP5091 | Sistemas aéreos non tripulados | 80 | 5 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).