STMV51
STMV51 - Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos
Que se aprende a facer?
Organizar, planificar e diagnosticar avarías, e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística na área de vehículos híbridos e eléctricos, garantindo o cumprimento das especificacións técnicas de seguridade e de protección ambiental establecidas na normativa.
En que ámbitos se traballa?
No sector da produción e o mantemento de vehículos híbridos e eléctricos, e en subsectores de automóbiles.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a da área de mantemento de vehículos híbridos e eléctricos. Responsable de seguridade na área de mantemento de vehículos. Encargado/a de inspección técnica de vehículos. Responsable de recepción de vehículos. Xefe/a da área de recambios e equipamentos de diagnose. Perito/a taxador/a de vehículos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5080 | Formación en centros de traballo | 120 | ||
1º | MP5076 | Seguridade en vehículos con sistemas de alto voltaxe | 90 | 5 | |
1º | MP5078 | Sistemas de alto voltaxe, almacenamento e recarga eléctrica | 160 | 9 | |
1º | MP5079 | Sistemas de transmisión, freno rexenerativo e control térmico | 120 | 7 | |
1º | MP5077 | Tracción eléctrica e híbrida en vehículos | 160 | 9 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).