STMV04

 

STMV04 - Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina

Ciclo formativo
Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2646
Código: STMV04
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Realizar o mantemento programado e correctivo dos motores, da célula e dos sistemas mecánicos, hidráulicos, pneumáticos e eléctricos do avión con motor de turbina, tanto na liña como no hangar, así como o mantemento na liña dos sistemas electrónicos e de aviónica. Participar nos procesos de fabricación e ensamblaxe de compoñentes, e na xestión do mantemento.

 

En que ámbitos se traballa?
Departamentos de mantemento de aeronaves das compañías aéreas ou empresas dedicadas ao transporte tanto de pasaxeiros como de mercadorías ou a outras actividades, facendo inspeccións na liña e operacións de mantemento na liña e no hangar ou no taller. Actividades relacionadas coa fabricación e a montaxe tanto de aeronaves como dos seus compoñentes, así como coa simulación e o control de diferentes situacións de voo. Empresas dedicadas á fabricación de compoñentes e á montaxe de aeronaves; de inspección e control de calidade e do ámbito dos simuladores de voo. Compañías regulares, chárter, de carga aérea, de fumigación aérea, de loita contra incendios, aeroclubs, institucións oficiais (Policía, Protección Civil, etc.), escolas de pilotos e outros centros de formación, e empresas de mantemento.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a de mantemento aeromecánico de motores de turbina; de mantemento de sistemas en hangar ou taller; axustador de motores de turbina; e axustador/a de equipamentos eléctricos e electrónicos; de mantemento de estruturas en hangar ou taller; de ensaios non destrutivos; mecánico/a de liña; técnico/a en mantemento de sistemas mecánicos e eléctricos de simuladores de voo e na fabricación e na montaxe de elementos e compoñentes.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1435 Aerodinámica básica 65 2
MP1436 Factores humanos 105 4
MP1425 Fundamentos de electricidade 135 5
MP1426 Fundamentos de electrónica en aeromecánica 105 4
MPI005 Lingua estranxeira profesional I 53 2
MP1430 Materiais, equipamentos e ferramentas en aeromecánica 135 5
MP1432 Prácticas de mantemento con elementos mecánicos da aeronave 240 9
MP1428 Técnicas dixitais e sistemas de instrumentos electrónicos en aeromecánica 135 5
MP1439 Aerodinámica, estruturas e sistemas de mandos de voo de avións con motor de turbina 170 6
MP1441 Aerodinámica, estruturas e sistemas de osíxeno, augas e protección do avión 105 4
MP1438 Aerodinámica, estruturas e sistemas eléctricos e de aviónica de avións con motor de turbina 135 5
MP1440 Aerodinámica, estruturas e sistemas hidráulicos e pneumáticos, e tren de aterraxe do avión 170 6
MPI006 Lingua estranxeira profesional II 53 3
MP1455 Motores de turbinas de gas 240 9
MP1433 Prácticas de mantemento con elementos de aviónica e servizos das aeronaves 105 4
MP1460 Empresa e iniciativa emprendedora 65 4
MP1461 Formación en centros de traballo 460
MP1457 Hélices 65 4
MP1437 Lexislación aeronáutica 65 4
MP1458 Proxecto de mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina 40




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).