STMV01

 

STMV01 - Automoción

Ciclo formativo
Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: STMV01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar, programar e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística no sector de automoción, diagnosticando avarías en casos complexos, e garantindo o cumprimento das especificacións establecidas pola normativa e polo fabricante do vehículo.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas. Compañías de seguros. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Laboratorios de ensaios de conxuntos e subconxuntos de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e de mercadorías.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a da área de electromecánica. Recepcionista de vehículos. Xefe/a de taller de vehículos de motor. Encargado/a de ITV. Perito/a taxador/ora de vehículos. Xefe/a de servizo. Encargado/a da área de recambios. Encargado/a da área comercial de equipamentos relacionados cos vehículos. Xefe/a da área de carrozaría: chapa e pintura.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0294 Elementos amovibles e fixos non estruturais 213 8
MP0299 Formación e orientación laboral 107 4
MP0293 Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares 267 10
MP0291 Sistemas eléctricos e de seguridade e confortabilidade 240 9
MP0297 Xestión e loxística do mantemento de vehículos 133 6
MP0300 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0296 Estruturas do vehículo 123 7
MP0301 Formación en centros de traballo 384
MP0298 Proxecto en automoción 26
MP0292 Sistemas de transmisión de forzas e trens de rodaxe 209 12
MP0309 Técnicas de comunicación e de relacións 53 3
MP0295 Tratamento e recubrimento de superficies 192 11

Réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Curtis 15022620 IES de Curtis 881880620
Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra 981333107
Ordes 15027782 IES Ordes 881960334
Ponteceso 15026406 IES Eduardo Pondal 881880924

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Chantada 27003175 IES Val do Asma 982870236
Lugo 27006528 CIFP As Mercedes 982828001
Lugo 27006528 CIFP As Mercedes 982828001
Lugo 27006528 CIFP As Mercedes 982828001
Ribadeo 27020793 CIFP Porta da Auga 982128894

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32009131 IES Universidade Laboral 988788486
Verín 32013582 IES García-Barbón 988685085

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lalín 36013758 IES Laxeiro 886151940
Sanxenxo 36019256 IES de Vilalonga 886159137




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).