STCP03
STCP03 - Vestiario á medida e de espectáculos
Que se aprende a facer?
Realizar produtos de confección á medida a partir de deseños propios ou alleos, e establecer, organizar e realizar os procesos no ámbito da xastraría, a modistaría e os espectáculos, consonte os requisitos da clientela, para conseguir artigos viables coa calidade requirida.
En que ámbitos se traballa?
Realizar produtos de confección á medida a partir de deseños propios ou alleos, e establecer, organizar e realizar os procesos no ámbito da xastraría, a modistaría e os espectáculos, consonte os requisitos da clientela, para conseguir artigos viables coa calidade requirida.
Que ocupacións se desempeñan?
Modelista-padronista de pezas de vestir; xastre/a á medida; xastre/a de vestiario do espectáculo; modisto/a.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0591 | Confección de vestiario á medida | 266 | 10 | |
1º | MP0620 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MPI003 | Lingua estranxeira profesional I | 53 | 2 | |
1º | MP0276 | Materiais en téxtil, confección e pel | 160 | 6 | |
1º | MP0589 | Moda e tendencias no vestir | 107 | 4 | |
1º | MP0585 | Técnicas de modelaxe e patronaxe de vestiario á medida | 267 | 10 | |
2º | MP0590 | Deseño de vestiario á medida | 140 | 8 | |
2º | MP0900 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0901 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MPI004 | Lingua estranxeira profesional II | 53 | 3 | |
2º | MP0592 | Proxecto de vestiario á medida e espectáculos | 26 | ||
2º | MP0587 | Vestiario de espectáculos | 123 | 7 | |
2º | MP0588 | Xastraría clásica | 156 | 9 | |
2º | MP0586 | Xestión de recursos de vestiario á medida | 105 | 6 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).