SSSC06
SSSC06 - Formación para a mobilidade segura e sustentable
Que se aprende a facer?
Deseñar, impartir e avaliar o ensino dirixido á educación e á formación viaria, incluíndo a relativa á convivencia cos distintos modos de transporte e o seu uso en condicións de seguridade e sustentabilidade ambiental, así como á mobilidade nas vías públicas, incluíndo a relativa á convivencia cos distintos modos de transporte e o seu uso en condicións de seguridade, formando e sensibilizando aspirantes á obtención do permiso ou a licenza de condución, a condutores e condutoras e, en xeral, a calquera persoa usuaria da vía, educando en valores de seguridade viaria e sustentabilidade ambiental do transporte e instruíndo en prevención de accidentes viarios laborais e en mobilidade sustentable e segura.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñen este título exercen a súa actividade en pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas á formación de condutores e condutoras para a obtención das autorizacións administrativas para conducir e, en xeral, á formación para a seguridade viaria. Tamén poderán exercer funcións relacionadas coa educación viaria, a seguridade viaria laboral e a mobilidade segura e sustentable, en entidades públicas e privadas.
Que ocupacións se desempeñan?
Profesor/a de formación viaria; director/a de escolas de condutores/as; formador/a de cursos de sensibilización e reeducación viaria; formador/a de cursos de mercadorías perigosas; director/a de centros de formación de mercadorías perigosas; educador/a en programas ou actividades de educación viaria en centros educativos, centros de maiores, concellos, asociacións, empresas, e administracións de ámbito estatal, autonómico ou local; asesor/a de seguridade viaria laboral en entidades públicas e privadas; asesor/a en plans de mobilidade en entidades públicas e privadas; docente en seguridade viaria; monitor/a de cursos de condución segura.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1658 | Didáctica da formación para a seguridade viaria | 107 | ||
1º | MP1656 | Educación viaria | 160 | ||
1º | MP1661 | Formación e orientación laboral | 107 | ||
1º | MPI025 | Lingua estranxeira profesional I | 53 | ||
1º | MP1657 | Seguridade viaria | 187 | ||
1º | MP1653 | Técnicas de condución | 80 | ||
1º | MP1654 | Tecnoloxía básica do automóbil | 53 | ||
1º | MP1651 | Tráfico, circulación de vehículos e transporte por estrada | 213 | ||
2º | MP1655 | Didáctica do ensino práctico da condución | 279 | ||
2º | MP1662 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||
2º | MP1663 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MPI026 | Lingua estranxeira profesional II | 53 | ||
2º | MP1659 | Mobilidade segura e sustentable | 105 | ||
2º | MP1652 | Organización da formación das persoas condutoras | 87 | ||
2º | MP0020 | Primeiros auxilios | 53 | ||
2º | MP1660 | Proxecto de formación para a mobilidade segura e sustentable | 26 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ferrol | 15021469 | CIFP Leixa | 881938125 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).