SSEA01
SSEA01 - Educación e control ambiental
Que se aprende a facer?
Sensibilizar e educar a poboación, promovendo actitudes que contribúan á conservación ea mellora do medio, informando sobre os seus valores e os problemas ambientais, capacitando para unha correcta toma de decisións, deseñando actividades para o seu coñecemento e un uso baseado en principios de sustentabilidade, así como realizar accións de xestión ambiental para controlar e protexer o medio, aplicando a normativa.
En que ámbitos se traballa?
En calquera organización de carácter público ou privado, que teña como obxecto o control ambiental e os seus recursos, o desenvolvemento de programas de educación ambiental (información, comunicación, formación, interpretación e participación), a realización de actividades de guía-intérprete e acompañamento polo contorno, ou a xestión ambiental.
Que ocupacións se desempeñan?
Educador/ora ambiental, informador/ora ambiental, monitor/ora de educación ambiental, documentalista ambiental, guía ambiental, programador/ora de actividades ambientais,monitor/ora de campañas ambientais, guía-intérprete do patrimonio natural, profesional do servizo de xestión ambiental, profesional do servizo de ambiente, técnico/a en control de espazos naturais, monitor/ora da natureza, axente ambiental ou similar, monitor/ora de equipamentos ambientais.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0787 | Actividades humanas e problemática ambiental | 133 | 5 | |
1º | MP0785 | Estrutura e dinámica do ambiente | 133 | 5 | |
1º | MP0795 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0786 | Medio natural | 187 | 7 | |
1º | MP0789 | Métodos e produtos cartográficos | 80 | 3 | |
1º | MP0790 | Técnicas de educación ambiental | 107 | 4 | |
1º | MP0788 | Xestión ambiental | 213 | 8 | |
2º | MP0792 | Actividades de uso público | 157 | 9 | |
2º | MP0793 | Desenvolvemento no medio | 87 | 5 | |
2º | MP0796 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0797 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0017 | Habilidades sociais | 123 | 7 | |
2º | MP0791 | Programas de educación ambiental | 210 | 12 | |
2º | MP0794 | Proxecto de educación e control ambiental | 26 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).