SSAN08
SSAN08 - Documentación e administración sanitarias
Que se aprende a facer?
Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitarios.
En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en documentación sanitaria. Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria. Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas. Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario. Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria. Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria. Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos. Responsable de administración de unidades, departamento ou centros sanitarios. Asistente de equipos de investigación biomédica. Secretario/a de servizos sanitarios.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1518 | Arquivamento e documentación sanitarios | 133 | 5 | |
1º | MP1521 | Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias | 107 | 4 | |
1º | MP1517 | Extracción de diagnósticos e procedementos | 160 | 7 | |
1º | MP1525 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0649 | Ofimática e proceso da información | 240 | 9 | |
1º | MP1516 | Terminoloxía clínica e patoloxía | 213 | 7 | |
2º | MP1520 | Codificación sanitaria | 191 | 11 | |
2º | MP1526 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1527 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1524 | Proxecto de documentación e administración sanitarias | 26 | ||
2º | MP1519 | Sistemas de información e clasificación sanitarios | 87 | 5 | |
2º | MP1522 | Validación e explotación de datos | 123 | 7 | |
2º | MP1523 | Xestión administrativa sanitaria | 123 | 7 | |
2º | MP1515 | Xestión de pacientes | 53 | 3 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).