ssan04
SSAN04 - Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear
Que se aprende a facer?
Obter rexistros gráficos, morfolóxicos o funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico por imaxe e de medicina nuclear, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial.
En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de medicina nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico-forenses ou de medi-cina legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina. Realiza o seu traballo baixo a supervisión do/da médico/a especialista corres-pondente e o supervisor da instalación, coa correspondente acreditación como operador/ora de instalacións radioactivas outorgado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico. Técnico/a especialista en radiodiagnóstico. Técnico/a especialista en medicina nuclear. Persoal técnico en equipamentos de radioelectroloxía médica. Persoal técnico en protección radiolóxica. Persoal técnico en radioloxía de investigación e experimentación. Delegado/a comercial de produtos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1347 | Anatomía pola imaxe | 266 | 10 | |
1º | MP1345 | Atención ao/á paciente | 160 | 6 | |
1º | MP1356 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1346 | Fundamentos físicos e equipamentos | 267 | 10 | |
1º | MP1348 | Protección radiolóxica | 160 | 6 | |
2º | MP1357 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1358 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1355 | Proxecto de imaxe para o diagnótico e medicina nuclear | 26 | ||
2º | MP1353 | Técnicas de imaxe en medicina nuclear | 105 | 6 | |
2º | MP1352 | Técnicas de imaxe por resonancia magnética | 105 | 6 | |
2º | MP1354 | Técnicas de radiofarmacia | 70 | 4 | |
2º | MP1350 | Técnicas de radioloxía especial | 70 | 4 | |
2º | MP1349 | Técnicas de radioloxía simple | 122 | 7 | |
2º | MP1351 | Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía | 105 | 6 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15022607 | CIFP Ánxel Casal - Monte Alto | 881960122 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36017430 | IES Ricardo Mella | 886121001 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).