ssan01
SSAN01 - Audioloxía protésica
Que se aprende a facer?
Seleccionar e adaptar próteses auditivas realizando a avaliación audiolóxica, o seguimento da persoa usuaria e o mantemento de próteses, así como determinar medidas de protección acústica a partir da avaliación dos niveis sonoros.
En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público e privado, en empresas privadas do sector, en gabinetes audioprotésicos e en prevención de efectos de ruído ambiental.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en audioprótese. Técnico/a especialista audioprotesista. Técnico/a en elaboración de moldes e protectores auditivos. Técnico/a en medición de nivel sonoro. Audiometrista.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0201 | Acústica e elementos de protección sonora | 187 | 7 | |
1º | MP0204 | Atención á persoa hipoacúsica | 107 | 4 | |
1º | MP0199 | Características anatomosensoriais auditivas | 292 | 11 | |
1º | MP0207 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0200 | Tecnoloxía electrónica en audioprótese | 267 | 10 | |
2º | MP0205 | Audición e comunicación verbal | 53 | 3 | |
2º | MP0202 | Elaboración de moldes e protectores auditivos | 262 | 15 | |
2º | MP0203 | Elección e adaptación de próteses auditivas | 262 | 15 | |
2º | MP0208 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0209 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0206 | Proxecto de audioloxía protésica | 26 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15022607 | CIFP Ánxel Casal - Monte Alto | 881960122 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).