SQUI50
SQUI50 - Cultivos celulares
Que se aprende a facer?
Obter, procesar e preservar cultivos celulares e tisulares, para serviren como apoio ao diagnóstico, aos ensaios terapéuticos, á procura de medicamentos, á creación e ao mantemento de bancos celulares, á investigación e a outros campos de interese, mantendo as instalacións e os equipamentos involucrados nos procesos e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Empresas ou laboratorios de sectores nos que cumpra realizar cultivos celulares. O sector do laboratorio biomédico e biotecnolóxico é o que actualmente desenvolve estas técnicas, así como as industrias biofarmacéuticas dedicadas á obtención de produtos biotecnolóxicos, tanto en sectores que teñan como principal actividade a utilización de organismos vivos ou os seus compoñentes, como naquelas outras que, malia non telo como a súa actividade principal, poidan innovar con técnicas de produción biotecnolóxica sobre algúns produtos e procesos.
Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en cultivos celulares.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5005 | Aplicacións de cultivos celulares | 94 | 6 | |
1º | MP5001 | Cultivos celulares | 133 | 8 | |
1º | MP5006 | Formación en centros de traballo | 120 | ||
1º | MP5004 | Laboratorio de cultivos celulares | 67 | 4 | |
1º | MP5003 | Normas de calidade e regulación aplicables a cultivos celulares | 53 | 4 | |
1º | MP5002 | Técnicas complementarias en cultivos celulares | 133 | 8 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).