SQUI03
SQUI03 - Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns
Que se aprende a facer?
Xestionar e participar nas operacións de fabricación, acondicionamento e almacenamento de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns, organizando o funcionamento, a posta en marcha e a parada das instalacións e dos equipamentos, segundo os procedementos normalizados de traballo e cumprindo as normas de seguridade, de prevención de riscos e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas farmacéuticas, biotecnolóxicas e afíns de carácter público o privado, onde desenvolverán o seu labor nas áreas de produción ou acondicionamento de medicamentos e produtos sanitarios, cosméticos e determinados produtos alimentarios, formas farmacéuticas e afíns, tales como cosméticos, perfumes, produtos dietéticos, de herboristaría ou alimentos especiais, e de drogaría. Así mesmo, poden traballar na obtención de produtos biotecnolóxicos, tanto en sectores que teñan como principal actividade a utilización de organismos vivos ou os seus compoñentes, como naqueles que, malia ser a súa actividade principal, poidan innovar con técnicas de produción biotecnolóxicas sobre algúns produtos e procesos.
Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de persoal operador de máquinas para fabricar e acondicionar produtos químicos. Supervisor/or de área de producción. Supervisor/ora de área de acondicionamento. Supervisor/ora de área de planificación. Coordinador/ora de área. Xefe/a de equipo de reactor/biorreactor. Técnico/a de control. Coordinador/ora de almacén. Encargado/a de fabricación. Xefa de equipo de procesos de extracción e purificación de produtos biotecno-lóxicos. Xefa de equipo de sala branca en biotecnología. Supervisor/ora de área de procesos e servizo biotecnolóxico. Supervisor/ora de seguridade en procesos biotecnolóxicos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1392 | Áreas e servizos auxiliares na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns | 159 | ||
1º | MP1398 | Formación e orientación laboral | 107 | ||
1º | MP0191 | Mantemento electromecánico en industrias de proceso | 133 | ||
1º | MP1389 | Operacións básicas na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns | 187 | ||
1º | MP1387 | Organización e xestión da fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns | 80 | ||
1º | MP1390 | Principios de biotecnoloxía | 187 | ||
1º | MP1391 | Seguridade na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns | 107 | ||
2º | MP1396 | Acondicionamento e almacenamento de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns | 70 | ||
2º | MP1388 | Control de calidade de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns | 140 | ||
2º | MP1399 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||
2º | MP1400 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1397 | Proxecto de fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns | 26 | ||
2º | MP1395 | Regulación e control na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns | 105 | ||
2º | MP1393 | Técnicas de produción biotecnolóxica | 122 | ||
2º | MP1394 | Técnicas de produción farmacéutica e afíns | 140 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).