SQUI01
SQUI01 - Laboratorio de análise e de control de calidade
Que se aprende a facer?
Organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio.
En que ámbitos se traballa?
En empresas ou laboratorios de distintos sectores onde cumpra realizar ensaios físicos e fisicoquímicos, e análises químicas e instrumentais en materias e en produtos orientados ao control de calidade e á investigación, así como naqueles en que sexa preciso realizar probas microbiolóxicas e biotecnolóxicas en áreas ambientais ou de alimentación, entre outras.
Que ocupacións se desempeñan?
Analista de laboratorios de titularidade pública ou privada, analista de laboratorio químico, analista de laboratorio microbiolóxico, analista de laboratorio de materiais, analista de laboratorio de industrias agroalimentarias, analista de laboratorio de industrias transformadoras, analista de centros de formación, investigación e desenvolvemento, analista microbiolóxico/a de industrias alimentarias, empresas ambientais e industrias biotecnolóxicas, analista microbiolóxico/a de augas potables e residuais, analistas de control microbiolóxico da industria farmacéutica, analista de materias primas e acabamentos, técnico/a de laboratorio de química industrial, técnico/a en control de calidade en industrias de manufacturas diversas, técnico/a de ensaios de produtos de fabricación mecánica, técnico/a de ensaios de materiais de construción.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0066 | Análises químicas | 320 | 12 | |
1º | MP0069 | Ensaios fisicoquímicos | 160 | 6 | |
1º | MP0070 | Ensaios microbiolóxicos | 160 | 6 | |
1º | MP0074 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0065 | Mostraxe e preparación da mostra | 213 | 8 | |
2º | MP0067 | Análise instrumental | 226 | 13 | |
2º | MP0072 | Calidade e seguridade no laboratorio | 123 | 7 | |
2º | MP0075 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0071 | Ensaios biotecnolóxicos | 105 | 6 | |
2º | MP0068 | Ensaios físicos | 123 | 7 | |
2º | MP0076 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0073 | Proxecto de laboratorio de análise e de control de calidade | 26 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).