SMAP03
SMAP03 - Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar ou supervisar os traballos de mantemento da planta propulsora, maquinaria auxiliar e servizos do buque, a partir da información técnica, así como organizar o servizo de mantemento e montaxe deses elementos en embarcacións en terra, definindo recursos, dirixindo equipos humanos e organizando e realizando as gardas de máquinas, e realizar as tarefas de mantemento, regulación e control garantindo a seguridade da travesía en condicións de calidade e seguridade laboral e ambiental definidas.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade como oficial de máquinas; primeiro oficial e xefe de máquinas en buques e embarcacións de buques civís e de pesca, así como en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño dedicadas á construción, a reparación e o mantemento naval, tanto por conta propia como allea. Así mesmo, poderán empregarse, por conta propia ou allea, en pequenas e medianas empresas, de natureza pública ou privada, dedicadas á construción e o mantemento de embarcacións deportivas e de recreo. En determinadas circunstancias, deberán facer uso da lingua inglesa como vehículo de comunicación.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe de máquinas, de acordo coas atribucións establecidas para o mecánico maior naval; oficial de máquinas ou primeiro oficial de máquinas; inspector en empresas pesqueiras; xefe de equipo de mantemento electromecánico de instalacións de industrias manufactureiras e de instalación e mantemento de instalacións frigoríficas e sistemas de climatización; xefe de taller de sistemas eléctrico-electrónicos de embarcacións deportivas e de recreo, de sistemas de propulsión e goberno de embarcacións deportivas e de recreo, de sistemas de frío e climatización, e de servizo de fluídos de embarcacións deportivas e de recreo; encargado de taller de sistemas de propulsión e goberno de embarcacións deportivas e de recreo; perito taxador de embarcacións deportivas e de recreo.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1316 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0179 | Inglés | 160 | 6 | |
1º | MP0802 | Organización da asistencia sanitaria a bordo | 53 | 2 | |
1º | MP1308 | Organización do mantemento de planta propulsora e maquinaria auxiliar de buques | 240 | 9 | |
1º | MP1311 | Organización do mantemento e montaxe de instalacións e sistemas eléctricos de buques e embarcacións | 187 | 7 | |
1º | MP1309 | Organización do mantemento en seco de buques e embarcacións, e montaxe de motores térmicos | 213 | 8 | |
2º | MP0800 | Control das emerxencias | 157 | 9 | |
2º | MP1317 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1318 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1314 | Organización da garda de máquinas | 53 | 3 | |
2º | MP1312 | Organización do mantemento e montaxe de instalacións frigoríficas e sistemas de climatización de buques e embarcacións | 157 | 9 | |
2º | MP1313 | Planificación do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións | 53 | 3 | |
2º | MP1310 | Programación e mantemento de automatismos hidráulicos e neumáticos en buques e embarcacións | 157 | 9 | |
2º | MP1315 | Proxecto de organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).