SMAP02
SMAP02 - Transporte marítimo e pesca de altura
Que se aprende a facer?
Planificar, xestionar e executar as actividades de buques nas condicións que determinen as administracións competentes para este nivel, dirixindo e controlando a seguridade, a navegación, as manobras e as operacións de carga, estiba e descarga, así como a extracción, a manipulación, o procesamento e a conservación da pesca, optimizando a produción e cumprindo a normativa estatal e internacional.
En que ámbitos se traballa?
En buques dedicados ao transporte marítimo de carga e/ou pasaxeiros, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, dentro dos límites e das atribucións que estableza a Administración competente. A actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente. Así mesmo, a súa formación permítelle desempeñar funcións do seu nivel desembarcado, en empresas e entidades pertencentes ao sector marítimo pesqueiro.
Que ocupacións se desempeñan?
Patrón/patroa de altura; patrón/patroa de gran altura; patrón/patroa ao mando de buquesde pesca, buques mercantes de carga e de pasaxe, e iates de gran eslora; primeiro/a oficial de ponte; oficial de ponte en buques de pesca, buques mercantes de carga e de pasaxe, e iates de gran eslora; oficial encargado/a da garda ou o mando de embarcacións dedicadas a vixilancia fiscal, inspección pesqueira, investigación oceanográfica,seguridade e salvamento marítimo; inspector/ora de flota; axente de consignatarias;axente de seguros marítimos; supervisor/ora de montaxe e armaxe de artes e aparellos de pesca.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0803 | Administración e xestión do buque e da actividade pesqueira | 133 | 5 | |
1º | MP0806 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 | 6 | |
1º | MP0798 | Manobra e estiba | 240 | 9 | |
1º | MP0799 | Navegación, goberno e comunicacións do buque | 267 | 10 | |
1º | MP0802 | Organización da asistencia sanitaria a bordo | 53 | 2 | |
2º | MP0800 | Control das emerxencias | 157 | 9 | |
2º | MP0807 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0809 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0804 | Garda de ponte | 210 | 12 | |
2º | MP0805 | Pesca de altura e grande altura | 210 | 12 | |
2º | MP0808 | Proxecto de implementación dunha ruta de transporte marítimo | 26 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).