SMAP01
SMAP01 - Acuicultura
Que se aprende a facer?
Planificar, organizar e supervisar as actividades de produción acuícola, coordinando os recursos dispoñibles para conseguir a calidade requirida do produto, cumprindo a normativa aplicable.
En que ámbitos se traballa?
Áreas de cultivo de plancto, reprodución, cultivo larvario e de poslarvas, sementes ou crías, criadeiro e engorde, por conta propia ou allea, en PME e en grandes empresas de natureza pública ou privada, centros de investigación e exposición de animais mariños, empresas de produción de peixes de acuario e confrarías de mariscadores. Coordina responsables das áreas de produción.
Que ocupacións se desempeñan?
Responsable técnico do cultivo larvario de peixes e da reprodución de peixes de auga de mar e continental, da reprodución e do cultivo larvario de moluscos e crustaceos, de preengorde e engorde de moluscos, crustaceos e de peixes de auga de mar e continental; técnico ambiental para a acuicultura; técnico en patoloxías en acuicultura, en industrias de derivados e elaboracións da pesca e da acuicultura, empresas, buques factoría e lonxas, en laboratorio de control de calidade de produtos da pesca; responsable técnico/a en acuarofilia; deseñador/ora e montador/ora de espazos de exhibición en acuarofilia.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1026 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1020 | Técnicas analíticas e métodos de control sanitario en acuicultura | 107 | 4 | |
1º | MP1015 | Técnicas e xestión da produción de cultivos auxiliares | 187 | 7 | |
1º | MP1017 | Técnicas e xestión da produción de moluscos | 292 | 11 | |
1º | MP1016 | Técnicas e xestión da produción de peixes | 267 | 10 | |
2º | MP1022 | Acuarofilia | 140 | 8 | |
2º | MP1024 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1023 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1019 | Instalacións, innovación e sistemas de automatización en acuicultura | 192 | 11 | |
2º | MP1025 | Proxecto de implantación dun centro de produción acuícola | 26 | ||
2º | MP1018 | Técnicas e xestión da produción de crustáceos | 175 | 10 | |
2º | MP1021 | Xestión ambiental dos procesos acuícolas | 70 | 4 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).