SIMS50

 

SIMS50 - Audiodescrición e subtitulación

Curso de especialización
Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 500
Código: SIMS50
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Planificar, avaliar e realizar proxectos de audiodescrición e subtitulación de obras audiovisuais, espectáculos en vivo e eventos, así como elaborar guións de audiodescrición e subtítulos, controlando os procesos e respectando o contido da mensaxe, a forma e a calidade, todo iso conforme á normativa vixente.

 

En que ámbitos se traballa?
Sector audiovisual, os espectáculos en vivo e os eventos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Guionista de proxectos de audiodescrición de obras audiovisuais e espectáculos en vivo e eventos, subtitulador/a de obras audiovisuais e espectáculos en vivo e eventos, locutor/a de proxectos de audiodescrición de obras audiovisuais e espectáculos en vivo e eventos, revisor/a de guións de audiodescrición e revisor/a de subtítulos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5007 Audiodescrición de obras audiovisuais, eventos e espectáculos en vivo 164 13
MP5010 Formación en centros de traballo 120
MP5009 Locución, autoría e audionavegación 80 6
MP5008 Subtitulación de obras audiovisuais, eventos e espectáculos en vivo 136 11




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).