SIMS05

 

SIMS05 - Iluminación, captación e tratamento de imaxe

Ciclo formativo
Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMS05
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar proxectos fotográficos completos, captar, rexistrar e tratar imaxes en producións audiovisuais, e iluminar espazos escénicos en audiovisuais, espectáculos e eventos,determinando e controlando a calidade técnica, formal e expresiva.

 

En que ámbitos se traballa?
No ámbito da captación, rexistro de imaxes e iluminación en produtoras de cine e vídeo, e en emisoras de televisión, así como en empresas dedicadas á iluminación espectacular en calquera clase de espectáculos e eventos, e tamén en empresas dedicadas á elaboración,a xeración e o tratamento dixital de imaxes fotográficas.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Cámara de cine, vídeo e televisión; axudante de cámara; cámara de ENG; iluminador/ora de televisión; axudante de iluminación; responsable de iluminación en espectáculos envivo; luminotécnico/a de espectáculos en vivo; técnico/a de mesas de control de iluminación en espectáculos; fotógrafo/a; foto fixa; reporteiro gráfico; retocador/ora fotográfico/a dixital; supervisor/ora de sistemas dixitais e vectoriais de imaxe.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1162 Control da iluminación 133 5
MP1169 Formación e orientación laboral 107 4
MP1161 Luminotecnia 213 8
MP1158 Planificación de cámara en audiovisuais 133 5
MP1159 Toma de imaxe audiovisual 187 7
MP1164 Toma fotográfica 187 7
MP1170 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1171 Formación en centros de traballo 384
MP1167 Gravación e edición de reportaxes audiovisuais 140 8
MP1166 Procesos finais fotográficos 70 4
MP1168 Proxecto de iluminación, captación e tratamento de imaxe 26
MP1160 Proxectos de iluminación 105 6
MP1163 Proxectos fotográficos 122 7
MP1165 Tratamento fotográfico dixital 140 8




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).