SIMS04
SIMS04 - Son para audiovisuais e espectáculos
Que se aprende a facer?
Definir, planificar e supervisar a instalación, a captación, a gravación, o control, a emisión, a posprodución e a reprodución do son en audiovisuais, radio, industria discográfica, espectáculos, eventos e instalacións fixas de sonorización, controlando e asegurando acalidade técnica e formal.
En que ámbitos se traballa?
No sector audiovisual, radiofónico, discográfico, do espectáculo, de eventos e de instalación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos acoutados.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de son de cine, audiovisuais e espectáculos, técnico/a de son de cine eaudiovisuais, técnico/a de son directo, técnico/a de gravación musical, técnico/a degravación de son en estudio, técnico/a de son para PA ("public address"), técnico/a demonitores de son, técnico/a de sistemas de son, técnico/a de son en sistemas sen fíos,técnico/a en sistemas de microfonía, especialista de son, montador/ora e editor/ora de son,mesturador/ora e masterizador/ora de son.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1104 | Comunicación e expresión sonora | 133 | 5 | |
1º | MP1103 | Electroacústica | 133 | 5 | |
1º | MP1106 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1097 | Instalacións de son | 213 | 8 | |
1º | MP1096 | Planificación de proxectos de son | 107 | 4 | |
1º | MP1098 | Son para audiovisuais | 267 | 10 | |
2º | MP1101 | Axustes de sistemas de sonorización | 87 | 5 | |
2º | MP1099 | Control de son en directo | 140 | 8 | |
2º | MP1107 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1108 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1100 | Gravación en estudio | 175 | 10 | |
2º | MP1102 | Posprodución de son | 175 | 10 | |
2º | MP1105 | Proxecto de son para audiovisuais e espectáculos | 26 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27016455 | IES Sanxillao | 982828088 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36024461 | CIFP Audiovisual de Vigo | 886111152 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).