SIMS03
SIMS03 - Animacións 3D, xogos e contornos interactivos
Que se aprende a facer?
Xerar animacións 2D e 3D para producións audiovisuais e desenvolver produtos audiovisuais multimedia interactivos, integrando os elementos e as fontes que interveñen na súa creación, tendo en conta as súas relacións, as dependencias e os criterios de interactividade, a partir de parámetros previamente definidos.
En que ámbitos se traballa?
Sector da produción audiovisual (cine, televisión e vídeo), da animación 2D e 3D, de multimedia interactiva e non interactiva, así como en publicidade e empresas relacionadas con internet e os novos medios.
Que ocupacións se desempeñan?
Animador/ora 3D; animador/ora 2D; intercalador/ora; modelador/ora 3D; grafista dixital;xerador/ora de espazos virtuais; técnico/a de efectos especiais 3D; integrador/ora multimedia audiovisual; desenvolvedor/ora de aplicacións e produtos audiovisuais multimedia; editor/ora de contidos audiovisuais multimedia interactivos e non interactivos;técnico/a en sistemas e realización en multimedia.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1087 | Animación de elementos 2D e 3D | 292 | 11 | |
1º | MP1086 | Deseño, debuxo e modelaxe para animación | 267 | 10 | |
1º | MP1094 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1085 | Proxectos de animación audiovisual 2D e 3D | 107 | 4 | |
1º | MP1090 | Realización de proxectos multimedia interactivos | 187 | 7 | |
2º | MP1088 | Cor, iluminación e acabamentos 2D e 3D | 227 | 13 | |
2º | MP1091 | Desenvolvemento de contornos interactivos multidispositivo | 123 | 7 | |
2º | MP1095 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1092 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1093 | Proxecto de animacións 3D, xogos e contornos interactivos | 26 | ||
2º | MP1089 | Proxectos de xogos e contornos interactivos | 87 | 5 | |
2º | MP0907 | Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais | 140 | 8 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).