SIMS02
SIMS02 - Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos
Que se aprende a facer?
Organizar e supervisar a preparación, a realización e a montaxe de proxectos audiovisuais filmados, gravados ou en directo, así como rexer os procesos técnicos e artísticos de representacións de espectáculos en vivo e eventos, coordinando os medios técnicos e humanos e controlando o contido, a forma, o proxecto artístico e a calidade establecida.
En que ámbitos se traballa?
Sector da produción e realización de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo,multimedia, televisión e novos medios), e no da produción e a realización de espectáculos(artes escénicas, producións musicais e eventos).
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de dirección en cine; axudante de realización de vídeo; axudante de realizaciónde televisión; responsable de área de audiovisuais (en empresas alleas á actividade);montador/ora de cine; editor/ora montador/ora de vídeo; xefe/a de rexedoría; rexedor de espectáculos en vivo; rexedor de eventos; rexedor de paredes.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0912 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0910 | Medios técnicos audiovisuais e escénicos | 187 | 7 | |
1º | MP0906 | Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais | 186 | 7 | |
1º | MP0902 | Planificación da realización en cine e vídeo | 160 | 6 | |
1º | MP0904 | Planificación da realización en televisión | 160 | 6 | |
1º | MP0908 | Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos | 160 | 6 | |
2º | MP0913 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0914 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0903 | Procesos de realización en cine e vídeo | 157 | 9 | |
2º | MP0905 | Procesos de realización en televisión | 140 | 8 | |
2º | MP0909 | Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos | 140 | 8 | |
2º | MP0911 | Proxecto de realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos | 26 | ||
2º | MP0907 | Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais | 140 | 8 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15027800 | CIFP Imaxe e Son | 981173181 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).