SIMS01

 

SIMS01 - Produción de audiovisuais e espectáculos

Ciclo formativo
Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMS01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, espectáculos e eventos, asegurando o cumprimento dos plans ou obxectivos da produción, no tempo e nas condicións de custo e calidade establecidas.

 

En que ámbitos se traballa?
Sector da produción de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios), así como produción de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de produción de cine; axudante de produción de vídeo; axudante de produción de televisión; axudante de produción de animación; axudante de produción de multimedia; axudante de produción de radio; xefe/a de produción de espectáculos en vivo e eventos;axudante de produción de espectáculos en vivo e eventos; xerente de compañía.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0923 Formación e orientación laboral 107 4
MP0910 Medios técnicos audiovisuais e escénicos 187 7
MP0915 Planificación de proxectos audiovisuais 266 10
MP0918 Planificación de proxectos de espectáculos e eventos 213 8
MP0920 Recursos expresivos audiovisuais e escénicos 187 7
MP0921 Administración e promoción de audiovisuais e espectáculos 175 10
MP0924 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0925 Formación en centros de traballo 384
MP0922 Proxecto de produción de audiovisuais e espectáculos 26
MP0916 Xestión de proxectos de cine, vídeo e multimedia 157 9
MP0919 Xestión de proxectos de espectáculos e eventos 105 6
MP0917 Xestión de proxectos de televisión e radio 140 8




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).