SIMP05

 

SIMP05 - Termalismo e benestar

Ciclo formativo
Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMP05
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Xestionar servizos relacionados co termalismo e o benestar, aplicando técnicas de hidrocinesia, técnicas hidrotermais, masaxes estéticas e programas de acondicionamento físico na auga, consonte protocolos establecidos, dinamizando as actividades personalizadas programadas e orientándoas cara á mellora da calidade de vida e da saúde, para conseguir a satisfacción das persoas usuarias e asegurar a prestación do servizo en condicións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector de os coidados da imaxe persoal, no subsector de coidados estéticos, en pequenas e medianas empresas tales como hoteis, centros de spa e balnearios. A súa actividade está abranguida nas áreas de tratamentos estéticos integrais, estética hidrotermal, masaxe estética e drenaxe, asesoramento en tratamentos cosméticos, acondicionamento físico e recreación, ocupándose da planificación, a organización, a dinamización e a avaliación das actividades.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en tratamentos estéticos integrais, especialista en técnicas hidroestéticas, técnico/a en masaxes estéticas, técnico/a en drenaxe linfática estética, instrutor/a de grupos de hidrocinesia e coidado corporal, coordinador/a de actividades de acondicionamento físico e de hidrocinesia, director/a técnico/a en spas e balnearios, monitor/a de tempo libre, e socorrista en instalacións acuáticas.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1151 Acondicionamento físico na auga 213
MP0212 Características e necesidades das persoas en situación de dependencia 133
MP1124 Dinamización grupal 107
MP1648 Formación e orientación laboral 107
MP0179 Inglés 160
MP0747 Masaxe estética 240
MP1123 Actividades de lecer e tempo libre 123
MP1649 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0745 Estética hidrotermal 123
MP1650 Formación en centros de traballo 384
MP1647 Proxecto de termalismo e benestar 26
MP1152 Técnicas de hidrocinesia 105
MP1136 Valoración da condición física e intervención en accidentes 226

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32015050 CIFP A Farixa 988783012




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).