SIMP03
SIMP03 - Asesoría de imaxe persoal e corporativa
Que se aprende a facer?
Deseñar e organizar proxectos de asesoramento en imaxe persoal, empresarial e institucional, organizar eventos e planificar os procesos de adestramento persoal en habilidades de comunicación, protocolo e usos sociais, respectando criterios de calidade, seguridade, respecto polo ambiente e deseño universal.
En que ámbitos se traballa?
En empresas do sector de servizos dedicadas á asesoría de imaxe persoal, corporativa e pública, ou integrarse en equipos multidisciplinares de calquera empresa, en departamentos de comunicación ou márketing. De igual modo, poden exercer a súa actividade en establecementos dedicados á venda de vestiario, complementos e cosméticos, onde desenvolverán tarefas nas áreas funcionais de deseño dunha nova imaxe persoal, pública e corporativa, e na organización e na prestación de servizos. Actúan por conta propia, cun alto grao de autonomía, asumindo labores de xestión e dirección, ou ben por conta allea, integrándose nun equipo de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
Que ocupacións se desempeñan?
Director/ora técnico/a e artístico/a en producións audiovisuais, escénicas e de moda; técnico/a de protocolo e cerimonial en institucións públicas e privadas; experto/a en etiqueta e usos sociais; asesor/ora consultor/ora de estilismo no vestir; asesor/ora de estilos e tendencias; asistente técnico/a de imaxe política, cultural e artística; asesor/ora en comercios de vestiario e complementos; asesor/ora de imaxe en medios audiovisuais e de moda; técnico/a comercial; asesor/ora consultor/ora de imaxe corporativa; experto/a en habilidades comunicativas; técnico/a especialista en gabinetes de relacións públicas; técnico/a especialista en imaxe en departamento de márketing; director/ora de gabinete de asesoría de imaxe; consultor/ora asesor/ora de protocolo e organización de actos e eventos; asesor/ora na compra de vestiario, complementos, regalos e cosméticos; asistente persoal no coidado da imaxe; organizador/ora de vodas; asesor/ora de prensa especializada en imaxe persoal.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1181 | Asesoría cosmética | 133 | 5 | |
1º | MP1184 | Asesoría de peiteado | 187 | 7 | |
1º | MP1187 | Asesoría estética | 187 | 7 | |
1º | MP1183 | Estilismo en vestiario e complementos | 213 | 8 | |
1º | MP1191 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1188 | Habilidades comunicativas | 133 | 5 | |
2º | MP1182 | Deseño de imaxe integral | 158 | 9 | |
2º | MP1071 | Dirección e comercialización | 87 | 5 | |
2º | MP1192 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1193 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1189 | Imaxe corporativa | 105 | 6 | |
2º | MP1185 | Protocolo e organización de eventos | 140 | 8 | |
2º | MP1190 | Proxecto de asesoría de imaxe persoal e corporativa | 26 | ||
2º | MP1186 | Usos sociais | 87 | 5 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).