SIMP01
SIMP01 - Estética integral e benestar
Que se aprende a facer?
Dirixir e organizar o desenvolvemento dos servizos estéticos, planificar e realizar tratamentos estéticos relacionados coa imaxe e o benestar, e aplicar técnicas estéticas hidrotermais, depilación e implantación de pigmentos, asegurando a calidade, a prevención de riscos laborais e a xestión ambiental.
En que ámbitos se traballa?
No sector de coidados da imaxe persoal, no subsector de coidados estéticos, en pequenas e medianas empresas, maioritariamente privadas, nas áreas de tratamentos estéticos integrais, estética hidrotermal, microimplantación de pigmentos, depilación avanzada,masaxe estética e drenaxe, e asesoramento en tratamentos e produtos cosméticos.Trátase de profesionais por conta propia que traballan xestionando a súa propia empresa ou de profesionais por conta allea, que exercen a súa actividade profesional como empregados ou xefes de área ou departamento.
Que ocupacións se desempeñan?
Esteticista, director/ora técnico/a en empresas estéticas e áreas de imaxe persoal, de spa e balnearios, técnico/a en tratamentos estéticos integrais, especialista en técnicas hidroestéticas, técnico/a en micropigmentación, técnico/a en depilación mecánica e avanzada, técnico/a en aparellos de estética, especialista en bronceamento mediante radiación ultravioleta, técnico/a en masaxes estéticas, técnico/a en drenaxe linfática estética, traballador/ora cualificado/a en centros de medicina e cirurxía estética, técnico/acomercial, asesor/ora estético/a e cosmético/a, formador/ora técnico/a en estética.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0744 | Aparellos de estética | 133 | 5 | |
1º | MP0752 | Cosmética aplicada a estética e benestar | 187 | 7 | |
1º | MP0751 | Dermoestética | 160 | 6 | |
1º | MP0755 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0747 | Masaxe estética | 240 | 9 | |
1º | MP0750 | Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal | 133 | 5 | |
2º | MP0746 | Depilación avanzada | 123 | 7 | |
2º | MP0748 | Drenaxe estética e técnicas por presión | 87 | 5 | |
2º | MP0756 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0745 | Estética hidrotermal | 123 | 7 | |
2º | MP0757 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0749 | Micropigmentación | 105 | 6 | |
2º | MP0754 | Proxecto de estética integral e benestar | 26 | ||
2º | MP0753 | Tratamentos estéticos integrais | 139 | 8 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
Santiago de Compostela | 15023466 | IES Lamas de Abade | 881866611 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontevedra | 36006730 | IES Frei Martín Sarmiento | 986852654 |
Vigo | 36018173 | IES de Teis | 886120464 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).