SIMA52
SIMA52 - Modelaxe da información da construción (BIM)
Que se aprende a facer?
Desenvolver e modelar a información gráfica e non gráfica de proxectos de Arquitectura, Enxeñería e Construción baixo a metodoloxía BIM nas súas diferentes dimensións, así como colaborar nos procesos dos proxectos, respectando os requisitos do cliente (EIR, Employer's Information Requeriments) e as prescricións establecidas no Plan de Execución BIM (BEP, Building Execution Plan), entre outras.
En que ámbitos se traballa?
Empresas, públicas e privadas, do sector de arquitectura, enxeñería e construción que desenvolvan proxectos baixo a metodoloxía BIM, cuxas actividades teñan unha clara tendencia á dixitalización dos procesos de desenvolvemento de modelos de información de proxectos e de activos.
Que ocupacións se desempeñan?
Modelador BIM e coordinador de modelos BIM.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5059 | Control, xestión e orzamentos | 80 | 4 | |
1º | MP5055 | Metodoloxía BIM | 100 | 5 | |
1º | MP5056 | Modelos de arquitectura e estruturas | 150 | 7 | |
1º | MP5058 | Modelos de instalaciones eléctricas e comunicacións | 120 | 6 | |
1º | MP5057 | Modelos de instalacións mecánicas e sustentabilidade | 150 | 8 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).