SIMA51

 

SIMA51 - Fabricación intelixente

Curso de especialización
Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 600
Código: SIMA51
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Desenvolver e xestionar proxectos de adaptación de procesos produtivos, identificando os obxectivos de produción, tendo en conta os indicadores clave de rendemento (KPI), aplicando tecnoloxías avanzadas de control da produción e cumprindo os requisitos de calidade e seguridade.

 

En que ámbitos se traballa?
Empresas públicas e privadas do sector de produción industrial e cun importante compoñente de automatización, cuxas actividades teñan unha clara tendencia á integración de todos os seus sistemas dixitais de operación e xestión.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en sistemas de fabricación intelixente.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5013 Contornos conetados a rede e Internet das cousas 96 6
MP5015 Formación en centros de traballo 120
MP5012 Metroloxía e instrumentación intelixente 96 6
MP5011 Procesos produtivos intelixentes 192 12
MP5014 Virtualización de máquinas e procesos produtivos 96 6




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).