SIMA03
SIMA03 - Mecatrónica industrial
Que se aprende a facer?
Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0938 | Elementos de máquinas | 107 | 4 | |
1º | MP0946 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0939 | Procesos de fabricación | 213 | 8 | |
1º | MP0940 | Representación gráfica de sistemas mecatrónicos | 133 | 5 | |
1º | MP0937 | Sistemas eléctricos e electrónicos | 213 | 8 | |
1º | MP0935 | Sistemas mecánicos | 187 | 7 | |
2º | MP0941 | Configuración de sistemas mecatrónicos | 140 | 8 | |
2º | MP0947 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0948 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0943 | Integración de sistemas | 157 | 9 | |
2º | MP0942 | Procesos e xestión de mantemento e calidade | 105 | 6 | |
2º | MP0945 | Proxecto de mecatrónica industrial | 26 | ||
2º | MP0944 | Simulación de sistemas mecatrónicos | 70 | 4 | |
2º | MP0936 | Sistemas hidráulicos e pneumáticos | 105 | 6 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Carballo | 15002591 | IES Monte Neme | 881960050 |
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Fene | 15032081 | IES de Fene | 881938280 |
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Burela | 27013934 | IES Perdouro | 982870102 |
Lugo | 27006528 | CIFP As Mercedes | 982828001 |
Vilalba | 27013326 | IES Lois Peña Novo | 982870860 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32009131 | IES Universidade Laboral | 988788486 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vilagarcía de Arousa | 36013771 | CIFP Fontecarmoa | 886151956 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).