SIMA02

 

SIMA02 - Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

Ciclo formativo
Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMA02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Planificar, xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das instalacións térmicas e de fluídos en edificios e procesos industriais, de acordo cos regulamentos e as normas establecidas, e seguindo os protocolos de calidade, seguridade, prevención de riscos laborais e respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e produción de auga quente sanitaria, no sector industrial e no sector de edificación e obra civil.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións térmicas e de fluídos. Xefe/a de equipo de montaxe de redes e sistemas de distribución de fluídos. Xefe/a de mantemento. Técnico/a de frío industrial. Frigorista. Técnico/a de climatización e ventilación-extracción. Técnico/a de redes e sistemas de distribución de fluídos. Técnico/a de instalacións caloríficas. Instalador/ora de calefacción e AQS. Mantedor de calefacción e AQS. Técnico/a de mantemento de instalacións auxiliares á produción. Supervisor/ora de montaxe de instalacións térmicas. Xefe/a de equipo de mantemento de instalacións calor.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0124 Enerxías renovables e eficiencia enerxética 80 3
MP0121 Equipamentos e instalacións térmicas 213 8
MP0138 Formación e orientación laboral 107 4
MP0122 Procesos de montaxe de instalacións 213 8
MP0123 Representación gráfica de instalacións 160 6
MP0120 Sistemas eléctricos e automáticos 187 7
MP0134 Configuración de instalacións térmicas e de fluídos 192 11
MP0139 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0140 Formación en centros de traballo 384
MP0136 Mantemento de instalacións caloríficas e de fluídos 140 8
MP0135 Mantemento de instalacións frigoríficas e de climatización 140 8
MP0137 Proxecto de mantemento de instalacións térmicas e de fluídos 26
MP0133 Xestión da montaxe, da calidade e o mantemento 105 6

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820
Ribeira 15014556 CIFP Coroso 881866874




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).