SIFC50
SIFC50 - Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información
Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Sectores nos que cumpra establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e das redes de comunicacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e hacker ético/a.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5024 | Análise forense informático | 120 | 5 | |
1º | MP5022 | Bastionado de redes e sistemas | 160 | 6 | |
1º | MP5025 | Hacking ético | 120 | 5 | |
1º | MP5021 | Incidentes de ciberseguridade | 140 | 6 | |
1º | MP5026 | Normativa de ciberseguridade | 60 | 3 | |
1º | MP5023 | Posta en produción segura | 120 | 5 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).