SIFC02
SIFC02 - Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas multiplataforma, utilizando tecnoloxías e contornos de desenvolvemento específicos, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
Que ocupacións se desempeñan?
Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio; desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral; desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0484 | Bases de datos | 187 | 7 | |
1º | MP0487 | Contornos de desenvolvemento | 107 | 4 | |
1º | MP0493 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0373 | Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 | 5 | |
1º | MP0485 | Programación | 240 | 9 | |
1º | MP0483 | Sistemas informáticos | 186 | 7 | |
2º | MP0486 | Acceso a datos | 157 | 9 | |
2º | MP0488 | Desenvolvemento de interfaces | 140 | 8 | |
2º | MP0494 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0495 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0490 | Programación de servizos e procesos | 70 | 4 | |
2º | MP0489 | Programación multimedia e dispositivos móbiles | 123 | 7 | |
2º | MP0492 | Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | 26 | ||
2º | MP0491 | Sistemas de xestión empresarial | 87 | 5 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Carballo | 15027307 | IES Isidro Parga Pondal | 881880371 |
Coruña, A | 15005397 | IES Fernando Wirtz Suárez | 881960260 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27015773 | IES Muralla Romana | 982828081 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32008902 | CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel | 988788470 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).