SHOT02

 

SHOT02 - Axencias de viaxes e xestión de eventos

Ciclo formativo
Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SHOT02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Programar e realizar viaxes combinadas e calquera tipo de eventos, e vender servizos turísticos en axencias de viaxes e a través doutras unidades de distribución, propondo ac-cións para o desenvolvemento dos seus programas de márketing e asegurando a satisfacción da clientela.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector turístico, no subsector das axencias de viaxes polo miúdo, por xunto e mixtas, así como nas axencias especializadas en recepción e eventos. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa propia axencia de viaxes ou eventos, ou por conta allea que exercen a súa actividade profesional como empregados/as ou xefes/as de oficina ou de departamento, nas áreas funcionais de administración, de reservas, de produto, e de venda de servizos e produtos turísticos e eventos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de oficina de axencia de viaxes, xefe/a de departamento en axencia de viaxes, axente de viaxes, consultor/ora de viaxes, organizador/ora de eventos, vendedor/ora de servizos de viaxe e viaxes programadas, promotor/ora comercial de viaxes e servizos turís-ticos, empregado/a do departamento de reservas (“booking”).

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0383 Destinos turísticos 213 8
MP0171 Estrutura do mercado turístico 133 5
MP0401 Formación e orientación laboral 107 4
MP0179 Inglés profesional 160 6
MP0173 Márketing turístico 160 6
MP0384 Recursos turísticos 187 7
MP0399 Dirección de entidades de intermediación turística 87 6
MP0402 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0403 Formación en centros de traballo 384
MP0172 Protocolo e relacións públicas 105 6
MP0400 Proxecto de axencias de viaxes e xestión de eventos 26
MP0180 Segunda lingua estranxeira 157 9
MP0398 Venda de servizos turísticos 123 7
MP0397 Xestión de produtos turísticos 105 5

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).