SFME51

 

SFME51 - Materiais compostos na industria aeroespacial

Curso de especialización
Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 600
Código: SFME51
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Fabricar pezas e elementos de estruturas aeroespaciais, manualmente ou en cadeas de produción, así como controlar os procesos implicados, verificar os resultados obtidos, realizar o mantemento avanzado, a preparación e posta a punto da instalación, da maquinaria e dos utensilios de acordo cos protocolos de actuación, cumprindo os criterios e as normas de calidade, os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa e a normativa de aplicación.

 

En que ámbitos se traballa?
En pequenas e medianas empresas de natureza tanto pública como privada dedicadas á fabricación de elementos aeroespaciais con materiais compostos e á corrección de defectos, dependendo, de ser o caso, funcional e xerarquicamente de persoal superior, e podendo ter ao seu cargo persoal de nivel inferior.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operador/a organizador/a de máquina de corte de tecidos e laminados para a construción de elementos aeroespaciais. Operador/a organizador/a de máquina de encintado para a construción de elementos aeroespaciais. Plastoquímico/a laminador/a de manual para a construción de elementos aeroespaciais. Operador/a organizador/a de autoclave e estufa de polimerización de materiais compostos para elementos aeroespaciais. Operador/a organizador/a de mecanizado de pezas de materiais compostos para elementos aeroespaciais. Verificador/a de elementos aeroespaciais de materiais compostos. Organizador/a de recursos humanos e materiais, pondo en práctica melloras continuas dos procesos mediante a dixitalización e a filosofía LEAN.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5084 Fabricación automática en materiais compostos 180 9
MP5083 Fabricación de elementos aeroespaciais de materiais compostos por moldeo manual 180 9
MP5085 Polimerización e mecanizado de pezas aeroespaciais de material composto 150 7
MP5086 Verificación de elementos de materiais compostos 90 5




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).