SFME04
SFME04 - Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros
Que se aprende a facer?
Planificar, programar e controlar a fabricación por fundición, pulvimetalurxia,transformación de plásticos e de materiais compostos, partindo da documentación do proceso e as especificacións dos produtos que cumpra fabricar, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como o mantemento dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Planificar, programar e controlar a fabricación por fundición, pulvimetalurxia,transformación de plásticos e de materiais compostos, partindo da documentación do proceso e as especificacións dos produtos que cumpra fabricar, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como o mantemento dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en proceso; técnico/a de fabricación; programador/ora da produción; técnico/ade aprovisionamento; técnico/a en laboratorio de control de transformación de polímeros;programador/ora de sistemas automatizados; encargado/a de produción (moldeamento,extrusión, calandraxe, acabamento, tratamentos, etc.); encargado/a de operadores/as de máquinas para fabricar produtos de caucho e de materiais plásticos; encargado/a de moldeadores/as; encargado/a de instalacións de procesos de fundición; encargado/a de instalacións de procesos de pulvimetalurxia; técnico/a de desenvolvemento de produtos e moldes; encargado/a de envasamento; encargado/a de vulcanización; encargado/a desección de fabricación de pneumáticos, en xeral; inspector/ora de verificadores/oras de fabricación de pneumáticos; encargado/a de sección de recauchutaxe de pneumáticos;encargado/a de sección de acabamentos; encargado/a de operacións previas e demestura.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0530 | Caracterización de materiais | 133 | 5 | |
1º | MP0535 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0007 | Interpretación gráfica | 133 | 5 | |
1º | MP0532 | Moldeamento aberto | 267 | 10 | |
1º | MP0162 | Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica | 160 | 6 | |
1º | MP0533 | Verificación de produtos conformados | 160 | 6 | |
2º | MP0536 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0537 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0531 | Moldeamento pechado | 332 | 19 | |
2º | MP0163 | Programación da produción | 140 | 8 | |
2º | MP0534 | Proxecto de programación da produción en moldeamento de metais e polímeros | 26 | ||
2º | MP0165 | Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental | 105 | 6 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).