SFME03
SFME03 - Deseño en fabricación mecánica
Que se aprende a facer?
Deseñar produtos de fabricación mecánica, utensilios de procesamento de chapa, moldes e modelos para polímeros, fundición, forxa, estampación ou pulvimetalurxia, asegurando a calidade, e cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais, polímeros, elastómeros e materiais compostos relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista, técnico/a en CAD, técnico/a en desenvolvemento de produtos, técnico/a en desenvolvemento de matrices, técnico/a en desenvolvemento de utensilios, técnico/a en desenvolvemento de moldes, técnico/a de desenvolvemento de produtos e moldes.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0429 | Deseño de moldes e modelos de fundición | 133 | 5 | |
1º | MP0427 | Deseño de produtos mecánicos | 320 | 12 | |
1º | MP0434 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0245 | Representación gráfica en fabricación mecánica | 213 | 8 | |
1º | MP0432 | Técnicas de fabricación mecánica | 187 | 7 | |
2º | MP0431 | Automatización da fabricación | 210 | 12 | |
2º | MP0430 | Deseño de moldes para produtos poliméricos | 140 | 8 | |
2º | MP0428 | Deseño de utensilios de procesamento de chapa e estampación | 227 | 13 | |
2º | MP0435 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0436 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0433 | Proxecto de deseño de produtos mecánicos | 26 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).