SFME02
SFME02 - Construcións metálicas
Que se aprende a facer?
Deseñar produtos de caldeiraría, estruturas metálicas e instalacións de tubaxe industrial, e planificar, programar e controlar a súa produción, partindo da documentación do proceso e as especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias dedicadas á fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial, talleres mecánicos, construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles, construción e reparación naval, instalacións petroquímicas, material de transporte, montaxe e reparación de construcións metálicas, no ámbito da produción de construcións metálicas encadradas no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en construción mecánica. Encargado/a de fabricación en construcións metálicas. Encargado/a de montadores en construcións metálicas. Delineante proxectista de caldeiraría e estruturas metálicas. Técnico/a en deseño asistido por computador (CAD) de caldeiraría e estruturas metálicas. Deseñador/ora técnico/a de caldeiraría e estruturas. Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador/ora da produción en fabricación mecánica. Técnico/a en desenvolvemento de tubaxes. Xefe/a de taller en construcións metálicas e montaxe.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0246 | Deseño de construcións metálicas | 267 | 10 | |
1º | MP0251 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0248 | Procesos de mecanizado, corte e conformación en construcións metálicas | 213 | 8 | |
1º | MP0162 | Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica | 160 | 6 | |
1º | MP0245 | Representación gráfica en fabricación mecánica | 213 | 8 | |
2º | MP0247 | Definición de procesos de construcións metálicas | 140 | 8 | |
2º | MP0252 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0253 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0249 | Procesos de unión e montaxe en construcións metálicas | 192 | 11 | |
2º | MP0163 | Programación da produción | 140 | 8 | |
2º | MP0250 | Proxecto de construcións metálicas | 26 | ||
2º | MP0165 | Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental | 105 | 6 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).